miércoles, 26 de abril de 2017

COÑECEMOS A LUCY

O PASADO MÉRCORES RECIBIMOS A DERRADEIRA VISITA ANIMAL. OHHHHHHHHHH!!!!! QUE MÁGOA! CO QUE NOS GUSTABAN ESTES MOMENTOS!


A ÚLTIMA MASCOTA EN VISITARNOS FOI A CADELIÑA DE ENOL, QUE ADEMÁIS TEN UNHA HISTORIA UN POUCO TRISTE NOS SEUS COMEZOS PERO MOI, MOI FELIZ DENDE QUE FOI ADOPTADA POR ESTA FAMILIA.

OS ENCARGAD@S DE CONTARNOS ESTA HISTORIA E DE APORTARNOS MÁIS DATOS SOBRE A VIDA DESTA CADELA FORON IVÁN E ANGÉLICA, OS PAPÁS DE ENOL...



ANTES DE FALARNOS SOBRE AS SÚAS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS, O SEU TIPO DE ALIMENTACIÓN OU DOS SEUS XOGUETES PREFERIDOS, ANGÉLICA COMEZOU POR CONTARNOS COMO CHEGOU ESTA CADELIÑA Á SÚA CASA...


ANTES DE SER UN MEMBRO MÁIS DESTA FAMILIA, ESTIVO UN TEMPO NA PROTECTORA DE ANIMAIS PORQUE FOI ATOPADA NA RÚA SOA, TRISTE E ABANDONADA...


ALÍ COÑECEU A MOIT@S AMIG@S QUE TAMÉN ESTABAN NA SÚA SITUACIÓN PERO, COMO BEN NOS DIXERON NA NOSA VISITA Á PROTECTORA, ESE LUGAR NON É UN FOGAR PARA ELES. AÍNDA QUE ALÍ ESTÁN BEN COIDADOS, SEGUEN A ESTAR TRISTES PORQUE  NECESITAN UNHA FAMILIA DE VERDADE...


ENTÓN FOI CANDO OS PAPÁS DE ENOL A COÑECERON E DECIDIRON LEVALA PARA A SÚA CASA. ASÍ FOI COMO ESTA CADELIÑA PASOU DUN ESTADO DE TRISTEZA A UN ESTADO DE INMENSA FELICIDADE GRAZAS A TER UNHA NOVA FAMILIA QUE ADEMÁIS TAMÉN ESTABA Á ESPERA DA CHEGADA DE ENOL...

DESPOIS DE CONTARNOS ESTA HISTORIA CON FINAL FELIZ, ANGÉLICA NARROUNOS MOITAS COUSAS MÁIS SOBRE ESTA MASCOTA.


A PROTAGONISTA, COMO XA DIXEMOS,  É UNHA CADELIÑA QUE ESTABA NA PROTECTORA DE ANIMAIS DE LUGO E QUE FOI ADOPTADA POR ESTA FAMILIA.


COMO A UN MEMBRO MÁIS DA FAMILIA, DECIDIRON POÑERLLE UN NOME; LUCY, QUE ADEMÁIS SOUBEMOS DELETREALO ESTUPENDAMENTE...


OS SEUS OLLOS SON DE COR NEGRA, A SÚA PELAXE DE COR MARRÓN (EXCEPTO AS ORELLAS QUE SON DE COR NEGRA) E A SÚA COMIDA FAVORITA É O PENSO, O XAMÓN, OS ÓSOS E AS GALLETAS (AÍNDA QUE ESTES ÚLTIMOS TEN QUE COMELOS CON MOITA MODERACIÓN)...


LUCY MIDE 28 CM E PESA 6KG...


OS XOGOS QUE MÁIS LLE GUSTAN A LUCY SON CORRER POLA NEVE, BUSCAR TOUPIÑAS E, SOBRE TODO, XOGAR CON ENOL E CON VIOLETA...


A FAMILIA DE LUCY É MOI NUMEROSA PORQUE ADEMÁIS DE ESTAR FORMADA POR IVÁN, ANGÉLICA, ENOL E VIOLETA TEN A COMPAÑÍA DOUTROS CANS E GATOS TAMÉN ADOPTADOS DA PROTECTORA...


UN DOS MOMENTOS MÁIS ESPECIAIS PARA LUCY É CANDO COMPARTE ZONA DE DESCANSO CON ENOL E CON VIOLETA...

OUTROS MOMENTOS SIGNIFICATIVOS PARA LUCY...


CANDO COMPARTE XOGOS CON ENOL...


CANDO VAN DE VIAXE...


OU CANDO SE DISFRAZAN XUNTOS...

DESPOIS DE ESCOITAR CON ATENCIÓN TODA ESTA INFORMACIÓN, TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE TOCARLLE E DE DARLLE DE COMER. QUE BEN O PASAMOS!



COMO UN RECORDO DA VISITA, ENOL LEVA O DOSSIER DE LUCY PARA QUE PODA VELO NA SÚA CASA CADA VEZ QUE O DESEXE...


ENCANTOUNOS COÑECERTE LUCY!


COMO SEMPRE, AGRADECÉMOSLLE MOITO A IVÁN E ANGÉLICA O SEU ESFORZO POR TRAERNOS FÍSICAMENTE Á MASCOTA DE ENOL E POR APORTARNOS A SÚA EXPERIENCIA COMO ADOPTANTES DE ANIMAIS.

E PARA SEGUIR FOMENTANDO OS APADRIÑAMENTOS, AS ACOLLIDAS E AS ADOPCIÓNS ELABORAMOS UN CARTEL PARA A ENTRADA DO COLE CUNHA FRASE QUE RESUME Á PERFECCIÓN O OBXECTIVO QUE QUEREMOS ACADAR CON ESTE PROXECTO ; "NON MERQUES UN CAN DE RAZA, ADOPTA UN SEN CASA". AO CARÓN DO CARTEL, PUXEMOS UNHA CAIXA NA QUE SE RECOLLEN DONATIVOS PARA A PROTECTORA DE ANIMAIS COA FINALIDADE DE CONCIENCIAR A TODO O ALUMNADO DO CENTRO E DE DARLLE A OPORTUNIDADE DE COLABORAR NA CAUSA A TODAS AS FAMILIAS QUE ASÍ O DESEXEN.



martes, 18 de abril de 2017

COÑECEMOS OS ANIMAIS DOS ANCARES

O PASADO DÍA 5 DE ABRIL, TIVEMOS A SORTE DE PODER ASISTIR A UNHA CHARLA QUE NOS VIÑERON DAR PROFESIONAIS DO SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA SOBRE A PROTECCIÓN DA FAUNA DOS ANCARES.

APROVEITANDO QUE O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL ESTÁ A TRABALLAR SOBRE OS ANIMAIS SALVAXES DOS ANCARES, NÓS TAMÉN QUIXEMOS ACHEGARNOS Á FAUNA DO NOSO ENTORNO A TRAVÉS DAS ACTIVIDADES QUE SE ESTÁN A PROGRAMAR DENTRO DO PROXECTO "ANIMALADAS" PARA O PROGRAMA "PROTEXE AOS ANIMAIS" DO PLAN PROXECTA.

DURANTE A CHARLA, VISIONAMOS UNHAS DIAPOSITIVAS NAS QUE PUIDEMOS OBSERVAR ANIMAIS SALVAXES DESTA ZONA QUE XA COÑECIAMOS COMO O LOBO, O OSO, O CORZO...PERO TAMÉN DESCUBRIMOS QUE NO NOSO ENTORNO EXISTEN OUTROS ANIMAIS NON TAN COÑECIDOS COMO É O EXEMPLO DO VOITRE LEONADO.

DÉIXOVOS POR AQUÍ A PRESENTACIÓN NA QUE APARECEN OS DIFERENTES ANIMAIS QUE EXISTEN NA ZONA DOS ANCARES NA ACTUALIDADE.










COMO PODEMOS VER, A PRIMEIRA PARTE DA CHARLA FOI ADICADA AOS INSECTOS E REPTÍS, UNHA SEGUNDA PARTE ADICADA AOS MAMÍFEROS E UNHA ÚLTIMA PARTE NA QUE NOS FALARON DAS AVES.

DURANTE ESTA CHARLA, ADEMÁIS DE COÑECER MÁIS EN PROFUNDIDADE AS CARACTERÍSTICAS DESTES ANIMAIS TAMÉN NOS ENSINARON A DIFERENCIAR OS ANIMAIS VELENOSOS DOS QUE NON O SON E COMO ACTUAR EN CASO DE PICADURAS.

viernes, 7 de abril de 2017

COÑECEMOS A NEVADO

ESTE DERRADEIRO LUNS DO TRIMESTRE TIVEMOS OUTRA VISITA ANIMAL! TIVEMOS NA AULA A NEVADO, A MASCOTA DA MADRIÑA DE LEO.


ÁNGELES E NATALIA FORON AS ENCARGADAS DE CONTARNOS AS COUSIÑAS MÁIS INTERESANTES DESTE BICHÓN MALTÉS.



ENTRE ESTAS COUSAS DESCUBRIMOS QUE...




O PROTAGONISTA DESTA SEMANA É UN CADELIÑO DA RAZA "BICHÓN MALTÉS"


O SEU NOME É NEVADO. ESCOLLERON ESTE NOME DEBIDO Á COR DA SÚA PELAXE.


OS SEUS OLLOS SON DE COR NEGRA, A SÚA PELAXE DE COR BRANCA E A SÚA COMIDA FAVORITA É O PENSO.


NEVADO MIDE 60 CM E PESA 6 KG.


O XOGUETE FAVORITO DE NEVADO, TAL E COMO PODEMOS VER NA FOTOGRAFÍA,  É UN GRAN PELUCHE.


A FAMILIA DE NEVADO É A SÚA DONA; NATALIA


OS MOMENTOS MÁIS ESPECIAIS PARA NEVADO SON OS RATIÑOS QUE COMPARTE CON LEO E CANDO O LEVAN Á PRAIA DAS CATEDRAIS OU Á NEVE DO CEBREIRO.

ADEMÁIS DESTES DATOS, TAMÉN NATALIA TIVO A AMABILIDADE DE TRAERNOS A CARTILLA MÉDICA DE NEVADO NA QUE O VETERINARIO VAI ANOTANDO AS VACINAS QUE LLE POÑEN. ISO SOÁBALLE MOITO AOS NEN@S PORQUE TAMÉN ELES TEÑEN UNHA MOI PARECIDA.

UNHA VEZ QUE ESCOITAMOS CON ATENCIÓN TODAS ESTAS COUSAS SOBRE NEVADO, CHEGOU O MOMENTO DE VER COMO ESTE CADELIÑO SE DIVIRTE SALTANDO POR DENTRO DUN ARO, XOGANDO Á PELOTA...OBEDECENDO ÁS ORDES QUE LLE DÁ NATALIA, ADEMÁIS DE TER A OPORTUNIDADE DE TOCAR ESA PELAXE TAN SUAVE. MIRADE QUE BEN O PASAMOS!



TAMÉN A LEO LLE PREPARAMOS O DOSSIER QUE COMPLETOU COA SÚA FAMILIA PARA QUE PODA VELO CANDO QUEIRA.


ENCANTOUNOS COÑECERTE NEVADO!


POR SUPOSTO, AGRADECERLLE A ÁNGELES E NATALIA QUE NOS ADICARAN ESTE ANAQUIÑO DE TEMPO NO QUE O PASAMOS XENIAL!

jueves, 6 de abril de 2017

PORTADAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

SEGUINDO O FÍO CONDUTOR DO NOSO PROXECTO, NO QUE ESTAMOS A TRABALLAR CONTIDOS RELACIONADOS COS ANIMAIS DOMÉSTICOS, A PORTADA DOS TRABALLOS DESTE TRIMESTRE, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, TAMÉN LEVA COMO PROTAGONISTA UN ANIMAL DE GRANXA, NESTE CASO, UNHA OVELLA.

PARA ELABORALA EMPREGAMOS BLONDAS DE PAPEL PARA O CORPO, GOMA EVA BRANCA CON BRILLANTINA, OLLOS MÓBILES, FIELTRO DE COR MARRÓN PARA AS PATAS E, POR ÚLTIMO, EMPREGAMOS TENEDORES DE PLÁSTICO PARA ESTAMPAR A HERBA QUE ALIMENTA Á OVELLA.

E ASÍ DE BONITAS NOS QUEDARON...

















martes, 4 de abril de 2017

POESÍAS DE CORES IV

AS ÚLTIMAS POESÍAS DE CORES QUE NOS TROUXERON AS NOSAS MASCOTAS "PELIÑOS" E "PELONCHO" FORON AS DO MARRÓN E A DO GRIS. AÍNDA QUE XA ESTAMOS A PRACTICALAS NO COLE DÉIXOVOLAS POR AQUÍ POR SE QUEREDES RECITALAS TAMÉN NA CASA...



XA CONTAMOS CUN BO REPERTORIO DE POESÍAS QUE RECITAMOS DE MARABILLA!!

lunes, 3 de abril de 2017

ANIVERSARIOS DO MES DE MARZO

ESTE XA PASADO MES DE MARZO ESTIVERON DE ANIVERSARIO UNHA MOREA DE NEN@S; OSCAR, SERGIO, PAULA E JAVIER.


MOITOS PARABÉNS AOS CATRO!!





POR AQUÍ VOS DEIXO AS VOSAS CANCIÓNS DE CUMPREANOS PERSONALIZADAS...





miércoles, 29 de marzo de 2017

COÑECEMOS A MOMA

COMO TODAS AS SEMANAS, OS LUNS SEMPRE TEMOS VISITA SORPRESA. NESTA OCASIÓN, TOCOULLE O TURNO Á MASCOTA DE CARMEN, UNHA PEQUENA YORKSHIRE CHAMADA MOMA.

MIGUEL E SILVIA, OS PAPÁS DE CARMEN, FORON OS ENCARGADOS DE TRAELA Á AULA E DE CONTARNOS COUSAS MOI INTERESANTES SOBRE A VIDA DESTA CADELIÑA.



ENTRE TODAS ESTAS COUSAS DESCUBRIMOS QUE...



A PROTAGONISTA DESTA SEMANA É UNHA CADELIÑA DE RAZA YORKSHIRE TERRIER.




CHÁMASE "MOMA"; UN NOME CURTO QUE SOUBEMOS DELETREAR ESTUPENDAMENTE.


OS SEUS OLLOS SON DE COR NEGRA, A SÚA PELAXE TEN TRES CORES; MARRÓN, NEGRA E BRANCA E A SÚA COMIDA FAVORITA É A CARNE, AÍNDA QUE SÓ A PODE DEGUSTAR EN CONTADAS OCASIÓNS.


MOMA MIDE 25 CM DE ALTO, 45 CM DE LARGO E PESA 1,5 KG 


OS SEUS XOGUETES FAVORITOS SON PELUCHES QUE ATOPA POLA CASA E QUE ADEMÁIS TEÑEN NOME; MARÍA, MOISÉS, TOBÍAS E OSÍAS.


A FAMILIA DESTA CADELIÑA ESTÁ FORMADA POR CINCO COMPOÑENTES; MIGUEL, SILVIA (PAPÁS), CARMEN, FRAN E A MASCOTA DA FAMILIA; MOMA.


OS MOMENTOS MÁIS ESPECIAIS PARA MOMA SON CANDO CARMEN LLE DA UN BO BAÑO E CANDO LLE DA DE COMER COUSIÑAS QUE LLE GUSTAN.

DESPOIS DE ESCOITAR ATENTAMENTE TODA ESTA INFORMACIÓN, CHEGOU O MOMENTO QUE MÁIS NOS GUSTA! TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE TOCARLLE E ATA DE DARLLE DE COMER. PASÁMOLO XENIAL! OLLADE...



AO IGUAL QUE O RESTO DE COMPAÑEIR@S, CARMEN LEVA O DOSSIER QUE COMPLETOU NA CASA COA SÚA FAMILIA PARA QUE PODA VELO TANTAS VECES COMO O DESEXE.


ENCANTOUNOS COÑECERTE MOMA!


POR SUPOSTO, AGRADECERLLE AOS PAPÁS DE CARMEN O SEU ESFORZO POR VIR FACERNOS UNHA VISITA CON MOMA Á NOSA CLASE. PASAMOS UN RATIÑO MOI DIVERTIDO!