miércoles, 22 de marzo de 2017

COÑECEMOS A SUNNY

ESTE PASADO LUNS TIVEMOS O PRACER DE COÑECER Á MASCOTA DE ELISABETH, UN FERMOSO GATIÑO CHAMADO SUNNY.

MEREL FOI A ENCARGADA DE TRAELO Á AULA E DE CONTARNOS MOITAS COUSAS SOBRE ESTE ANIMAL DOMÉSTICO MENTRES SUNNY ESPERABA PACIENTE NO SEU COLO.



DE TODA A INFORMACIÓN RECIBIDA DESTACAMOS A SEGUINTE...



O PROTAGONISTA DESTA SEMANA É UN ANIMAL PERTENCENTE Á FAMILIA DOS FELINOS; UN GATO.



TEN NOME DE ORIXE INGLÉS; SUNNY (SOLEADO). CHÁMASE ASÍ POLA COR DA SÚA PELAXE.





OS SEUS OLLOS SON DE COR VERDE, A SÚA PELAXE ALARANXADA E A SÚA COMIDA FAVORITA É A QUE VEN PREPARADA EN LATAS ESPECIAL PARA GATOS AÍNDA QUE DE VEZ EN CANDO GÚSTALLE COLLER COMIDA ÁS ESCONDIDAS; CHOURIZOS, QUEIXO... QUE PILLÍN!!


SUNNY MIDE 28 CM E PESA 4 KG.


A MASCOTA DE ELI NON TEN XOGUETES PERO ENCÁNTALLE XOGARA A CAZAR OUTROS ANIMAIS; PAXAROS, BOLBORETAS, RATOS, GRILOS E LAGARTIXAS.


A FAMILIA DE SUNNY SON OUTROS ANIMAIS QUE VIVEN NA CASA COMO O GALO, AS GALIÑAS E UN CAN CO QUE SE LEVA ESTUPENDAMENTE.


OS MOMENTOS MÁIS SIGNIFICATIVOS PARA SUNNY SON OS QUE PASA CON SAMUEL E CON ELISABETH, QUE O COIDAN ESTUPENDAMENTE.

DESPOIS DE ESCOITAR CON ATENCIÓN TODOS ESTES DATOS, TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE TOCARLLE  E DARLLE DE COMER. ASÍ DE BEN O PASAMOS...



AO IGUAL QUE O RESTO DE COMPAÑEIR@S, TAMÉN ELI LEVARÁ O DOSSIER DE SUNNY PARA VELO NA SÚA CASA CADA VEZ QUE QUEIRA.


ENCANTOUNOS COÑECERTE SUNNY!


COMO SEMPRE, AGRADECER, NESTE CASO A MEREL, O SEU ESFORZO POR TRAERNOS A SUNNY E POR FACERNOS PASAR UN RATIÑO DO MÁIS DIVERTIDO!

miércoles, 15 de marzo de 2017

COÑECEMOS A PIRULETA

ESTE PASADO LUNS RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL; A MASCOTA DE LUCÍA, UNHA CRÍA DE OVELLA CHAMADA PIRULETA.

IRIA, A MAMÁ DE LUCÍA, ENCARGOUSE DE TRAELA E DE CONTARNOS UNHA MOREA DE COUSAS SOBRE A VIDA DESTE ANIMAL DOMÉSTICO.



ENTRE TODAS ESTAS COUSAS DESCUBRIMOS QUE...



A PROTAGONISTA DESTA SEMANA É UNHA CRÍA DE OVELLA, NESTE CASO UNHA FEMIA CON SÓ UN MES DE VIDA.




LUCÍA ESCOLLEU UN NOME MOI DÓCE PARA A SÚA MASCOTA; PIRULETA. APROVEITAMOS PARA DELETREALO E CONTARLLE AS LETRAS QUE CONTÉN. 




PIRULETA TEN OS OLLOS DE COR MARRÓN, A SÚA PELAXE É CASE TODA BRANCA PERO TEN UNHAS MANCHIÑAS DE COR MARRÓN E A SÚA COMIDA FAVORITA É O LEITE E A HERBA SECA.




DEBIDO Á SÚA CURTA IDADE, PIRULETA SÓ MIDE 30 CM E PESA 2,5 KG.


OS XOGOS QUE MÁIS LLE GUSTAN A PIRULETA SON SALTAR PAREDES, BRINCAR POLOS PRADOS E ESCOITAR O TIN-TÍN DO SEU CASCABEL.


PIRULETA TEN UNHA GRAN FAMILIA; O SEU PAPÁ, QUE SE CHAMA CASCABEL, A SÚA MAMÁ, CAMPANILLA, UN IRMÁN CUN NOME IGUAL DE DÓCE QUE O DE PIRULETA XA QUE LUCÍA ESCOLLEU PARA ESTE CORDEIRO O NOME DE CHUPA-CHUPS E OUTRAS OVELLAS E AÑOS QUE CONVIVEN CON ELES.


OS MOMENTOS MÁIS ESPECIAIS PARA PIRULETA SON OS QUE COMPARTE CON LUCÍA; AS SÚAS CARICIAS, OS SEUS ABRAZOS E, POR SUPOSTO, CANDO LLE DA O BIBERÓN.

DURANTE O RATIÑO NO QUE IRIA NOS ESTIVO CONTANDO TODAS ESTAS COUSAS, PIRULETA ESTABA NO SEU TRANSPORTÍN E, CLARO, ESTABAMOS DESEXANDO VELA E TOCALA. VIÑA TODA BONITIÑA CO SEU LAZO E O SEU CASCABEL. ADEMÁIS, ATA TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE DARLLE O BIBERÓN! PASÁMOLO EN GRANDE E SENÓN MIRADE...



AO IGUAL QUE O RESTO DE COMPAÑEIR@S, LUCÍA TAMÉN VAI LEVAR O SEU DOSSIER PARA QUE TEÑA UN BONITO RECORDO DESTE DÍA.




ENCANTOUNOS COÑECERTE PIRULETA!


POR SUPOSTO, AGRADECERLLE A IRIA O SEU ESFORZO POR TRAERNOS A PIRULETA E, SOBRE TODO, POR DEIXARNOS DARLLE O BIBERÓN. PASAMOS UN RATIÑO MOI DIVERTIDO CON ELA!

viernes, 10 de marzo de 2017

VISITAMOS O MUSEO E A PROTECTORA DE ANIMAIS

UNHA DAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS RELACIONADAS CO PROXECTO "PROTEXE AOS ANIMAIS" DO PLAN PROXECTA QUE LEVAMOS A CABO ESTA SEMANA FOI A VISITA AO MUSEO DE LUGO E Á PROTECTORA DE ANIMAIS.

A ACTIVIDADE QUE REALIZAMOS NO MUSEO CHAMADA "ANIMALANDIA" CONSITÍA EN IDENTIFICAR OS ANIMAIS QUE APARECÍAN NAS DIFERENTES OBRAS DE ARTE. 

CADA PARELLA DE NEN@S TIÑA UNHA CARTULINA ONDE APARECÍA O ANIMAL QUE DEBÍAN BUSCAR E PARA CONVERTIRSE EN AUTÉNTICOS INVESTIGADORES, AS MONITORAS FACILITÁRONLLES UNHAS VISEIRAS MOI CHULAS.

ADEMÁIS, TAMÉN TIVEMOS A OCASIÓN DE VISITAR AS DIFERENTES DEPENDENCIAS DO MUSEO.

QUEREDES VER QUE BEN O PASAMOS?...





LOGO DA VISITA AO MUSEO, DIRIXÍMONOS CARA Á PROTECTORA DE ANIMAIS, ONDE COÑECIMOS A TRES CADELIÑOS QUE ESTÁN DESEXANDO SER ADOPTADOS POR UNHA FAMILIA.



 LUCRECIA


SECO


LALA

PARA COÑECELOS TIVEMOS QUE PRESENTARNOS, VIRGINIA EXPLICOUNOS COMO DEBIAMOS FACELO. O ÚNICO QUE TIVEMOS QUE FACER FOI CERRAR O NOSO PUÑO E DEIXAR QUE NOS OLFATEARAN. FIXÉMOLO XENIAL!


AÍNDA QUE OS NEN@S, DEBIDO Á SÚA CURTA IDADE, SÓ TIVERON CONTACTO CON ESTES TRES CADELIÑOS, HAI MOITOS MÁIS QUE ESTÁN DESEXANDO SER ADOPTADOS, ACOLLIDOS E/OU APADRIÑADOS.































A MENSAXE QUE QUEREMOS TRANSMITIR É QUE SE ESTADES PENSANDO EN TER UNHA MASCOTA, A PROTECTORA É O MELLOR LUGAR PARA IR A BUSCALA.

DÉIXOVOS POR AQUÍ O ENLACE DA PÁXINA WEB  http://www.protectoralugo.org/.

miércoles, 8 de marzo de 2017

COÑECEMOS A NEMO

ESTE PASADO LUNS TOCOU MERGULLARSE NA AUGA PARA COÑECER A UNHA NOVA MASCOTA, O PEIXE DE ALEJANDRO.


SANDRA, A SÚA MAMÁ, CONTOUNOS MOITAS COUSAS SOBRE ESTA MASCOTA ACUÁTICA...



ENTRE TODAS ESTAS COUSAS DESCUBRIMOS QUE...




A MASCOTA DE ALEJANDRO TRÁTASE  DUN PEIXE DE AUGA DÓCE.


O SEU NOME É NEMO. APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA DELETREALO E PARA OBSEVAR SE NOS PARECÍA UNHA PALABRA LONGA OU CURTA.


OS SEUS OLLOS SON DE COR NEGRA, AS SÚAS ESCAMAS DE COR LARANXA E A SÚA COMIDA FAVORITA É O ALIMENTO EN ESCAMAS QUE COMPRAN NUNHA TENDA ESPECIALIZADA EN ANIMAIS.


É A MASCOTA MÁIS PEQUENA QUE NOS VISITOU ATA O DE AGORA. MIDE 7 CM E PESA 18 GR.


A NEMO GÚSTALLE MOITO COMER E NADAR COS SEUS AMIGOS
 (OUTROS DOUS PEIXES).


A FAMILIA DE NEMO SON OUTROS PEIXES QUE QUEDARON NO ACUARIO DA TENDA ONDE O COMPRARON E DOUS COMPAÑEIROS NOVOS, COLITA E PINTO, QUE LLE TROUXERON HAI POUQUIÑOS DÍAS PARA FACERLLE COMPAÑÍA.


OS MOMENTOS MÁIS SIGNIFICATIVOS PARA NEMO SON CANDO ALEJANDRO LLE CAMBIA A AUGA DO ACUARIO E LLE DA DE COMER.

AÍNDA QUE XA TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE VELO MENTRES SANDRA NOS CONTABA TODAS ESTAS COUSAS, SEMPRE NOS GUSTA VER ÁS MASCOTAS AO NOSO CARÓN E SE PODEMOS TOCARLLES MOITO MELLOR! MIRADE QUE BEN O PASAMOS CON NEMO...




ALEJANDRO LEVARÁ TAMÉN O DOSSIER DA SÚA MASCOTA PARA A CASA E ASÍ PODER VELO CADA VEZ QUE QUEIRA.




ENCANTOUNOS COÑECERTE NEMO!



GRAZAS SANDRA POR TRAERNOS Á MASCOTA DE ALEJANDRO E POR FACERNOS PASAR UN RATIÑO XENIAL!

viernes, 3 de marzo de 2017

UNS POLIÑOS MOI FEITIÑOS

O PASADO VENRES 24 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O ENTROIDO NO NOSO COLE. PARA A OCASIÓN, SEGUINDO O FÍO CONDUTOR DO PROXECTO QUE ESTAMOS A LEVAR A CABO SOBRE OS ANIMAIS DOMÉSTICOS E FACENDO HOMENAXE A UN DOS PERSONAXES DE CONTO QUE MÁIS NOS GUSTA ("O POLO PEPE"), NESTE DÍA TAN ESPECIAL CONVERTÍMONOS TOD@S EN POLIÑOS!

QUEREDES VER A ESTES POLIÑOS TAN FEITIÑOS?...




PARA COMELOS, VERDADE?...


martes, 21 de febrero de 2017

COÑECEMOS A COPITO DE NEVE


ESTE PASADO LUNS COÑECIMOS Á MASCOTA DE JAVIER, UN FERMOSO AÑO CHAMADO COPITO DE NEVE.

NESTA OCASIÓN, FOI A MAMÁ DE JAVI A ENCARGADA DE APORTARNOS TODA A INFORMACIÓN.



CONTOUNOS MOITAS COUSAS, ENTRE ELAS AS QUE APARECEN A CONTINUACIÓN...



O PROTAGONISTA DA SEMANA É UN AÑO DE SEMANA E MEDIA QUE, ADEMÁIS, TEN UNHA IRMÁ....



O SEU NOME É "COPITO DE NEVE". ESTE NOME DÉBESE Á COR DA SÚA PELAXE...



OS SEUS OLLOS SON DE COR NEGRA, A SÚA PELAXE DE COR BRANCA E A SÚA COMIDA FAVORITA É O LEITE DA SÚA NAI...



COPITO DE NEVE MIDE 37 CM DE ALTO, 45 CM DE LARGO E PESA 3 KG...



O SEU XOGO FAVORITO É CORRER POLO PRADO XUNTO A SÚA IRMÁ...



A SÚA FAMILIA ESTÁ COMPOSTA POLA SÚA NAI, AS IRMÁS DESTA E UNHA IRMÁ DO MESMO TEMPO CA EL...




COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, OS MOMENTOS MÁIS ESPECIAIS E SIGNIFICATIVOS PARA COPITO DE NEVE SON OS QUE PASA NA COMPAÑIA DE JAVI. 

AO IGUAL QUE EN TODAS AS VISITAS ANIMAIS, O MOMENTO MÁIS ESPERADO SEMPRE É O DE PODER VER E TOCAR ÁS MASCOTAS. QUEREDES VER QUE BEN O PASARON OS NEN@S CON COPITO DE NEVE?...





TAMÉN JAVI LEVARÁ O SEU DOSSIER PARA PODER VELO NA CASA XUNTO Á SÚA FAMILIA CADA VEZ QUE O DESEXE...


ENCANTOUNOS COÑECERTE COPITO DE NEVE!


COMO SEMPRE, AGRADECERLLE Á MAMÁ DE JAVI O SEU ESFORZO POR TRAERNOS Á MASCOTA FÍSICAMENTE E POR DEIXARNOS DISFRUTAR UN RATIÑO DE COPITO.